Mosteiro de Santa María de Oia
BENVIDOS AO
CONCELLO DE OIA
Conta unha vella lenda de Oia, que na ladeira de Cano dos Mouros, existe unha rocha coñecida como a pedra do Rei Sol, dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ao astro rei durante o serán.
Calqueira que contemple unha posta de Sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do Sol
poñéndose sobre unha liña do horizonte que ás veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica
en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar.
Oia, nos seus 84 Km2 de superficie e cunha amabilidade dos 3000 habitantes, permite disfrutar dun espacio con grande número de
lugares de interese. A grandiosidade do mosterio e o seu emplazamento, os restos das súas antigas fortalezas, e a misteriosa mensaxe
da prehistoria que podemos percibir a través dos petroglifos, ou as construccións tradicionais da arquitectura rural galega...
todo iso nun marco natural, no que a simbiose entre a montaña, e o mar e o ceo farannos caer nun embruxo.
Tanto usando a estrada C-550 que atravesa o concello pola costa, como usando as pistas que comunican cos núcleos do
interior, pódese disfrutar dunha natureza única no Suroeste de Galicia, complementada cunha variada
gastronomía, omnipresente nos restaurantes e bares da zona.