INICIO \ AXUDAS
Galego - Castellano - English
logo Oia




relleno






AXUDAS



22/7/2014
Programa das Iniciativas emprendedoras e de emprego

PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para as persoas desempregadas, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais.

Beneficiarios: Empresas privadas que cumplan entre outros, os seguintes requisitos na data de inicio da actividade:
- Empresas de nova creación (a partir do 1 de outubro de 2013) e viables técnica, económica e financeiramente e con domicilio en Galicia
- Promovidas como máximo por 5 persoas, ningunha delas persoa xurídica
- Capital social máximo de 120.202 euros
- Como mínimo, o 50% do capital social sexa de titularidade de promotores/as desempregados que creen o seu propio posto de traballo.

Tamén poden ser beneficiarias as empresas cualificadas como ILE

Tipos de axuda:

a) Subvención á xeración de emprego estable.
Cantidades de entre 4.000 a 6.000 euros en función das caracteríticas da persoa desempregada (incluído promotor/a)
b) Subvención financeira.
c) Subvención para formación.
d) Subvención para o inicio da actividade.
Cantidades de entre 2.400 a 4.800 euros por cada emprego subvencionable en función das caracteríticas da persoa desempregada (incluído promotor/a)
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Ata 3.000 euros para servizos de gardería

O PRAZO XERAL DE SOLICITUDE REMATA O 30 DE SETEMBRO, NON OBSTANTE, AS EMPRESAS XA CREADAS TEÑEN PRAZOS ESPECÍFICOS





22/7/2014
Programa de incentivos á contratación

A Consellería de traballo convoca axudas para a contratación de persoas traballadoras a través de distintos programas:
- Programa CONII: incentivos á contratación indefinida inicial
- Fomento do contrato para a formación e a aprendizaxe
- Incentivos á contratación de persoas mozas desempregadas menores de 30 anos
- Incentivos á contratación temporal (Programa Inserta)
- Programa estabiliza: transformación de contratos temporais en indefinidos
-Axudas ás persoas traballadoras autónomas para a contratación indefinida de traballadores

Para máis información podendes consultar coa AEDL (presencialmente, por teléfono 986 362 125 ou no email aedl@concellodeoia.es)
https://sede.xunta.es/portada





22/7/2014
SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PARA BOLSAS DE PRÁCTICAS NON LABORAIS

A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións a empresas que subscriban acordos con mozos/as para realización de prácticas non laborais
- EMPRESAS: As empresas con sede en Galicia poden solicitar a subvención.
* As prácticas non suporán, en ningún caso, a existencia de relación laboral entre a empresa e a persoa nova.
* As prácticas terán unha duración mínima de catro horas diarias e entre seis e nove meses
* O importe da subvención concretarase no 75 % do IPREM diario vixente por persoa e día que duren as prácticas
- Destinatarios/as das prácticas: ten que cumplir os seguintes requisitos:
* Ter entre 18 e 25 anos de idade
* Estar en posesión dunha titulación universitaria, titulación de formación profesional de grado medio ou superior ou certificado de profesionalidade
* Non deberán haber tido unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a 3 meses na mesma actividade (non se ten en conta prácticas que formen parte dos títulos correspondentes).

O PRAZO DE SOLICITUDE É ATA O 15 DE NOVEMBRO DE 2014

Para máis información poden consultar coa AEDL (presencialmente, por teléfono 986 362 125 ou no email aedl@concellodeoia.es)





22/7/2014
Subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética en industria e servizos

O INEGA convoca axudas ó sector industria e servizos para proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Beneficiarios: empresas incluídas no sector servizos e da industria (sección C e D do CNAE-2009)

As actuacións subvencionables inclúen, entre outras:
Renovación dos equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo ou sistemas auxiliares, equipos e instalacións de produción de calor e frío, sistemas de contabilización/telexestión do consumo de enerxía, instalacións de iluminación interior

Todas estas actuacións deben cumprir os requisitos mínimos establecidos na orde da convocatoria

O investimento mínimo para que
a actuación sexa subvencionable deberá ser de 6.000 euros por actuación.

A contía da subvención será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 200.000 euros por proxecto.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

O PRAZO DE SOLICITUDE É ATA O 6 DE AGOSTO

Para máis información pode consultar coa AEDL (presencialmente, por teléfono 986362125) ou no email aedl@concellodeoia.es)





17/7/2014
Axudas para o establecemento como traballadores autónomos

A Consellería de traballo e benestar convoca axudas para o establecemento como traballador/a autónomo/a
Establénse dous tipos de axudas en función de que o promotor sexa maior ou menor de 30 anos.
Para máis información consultar coa AEDL do Concello, presencialmente, por teléfono (986 362 125) ou no email aedl@concellodeoia.es
http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FAxudas%2Flistad





17/7/2014
Axudas para o REMATE DE VIVENDAS

PRAZO 31 de xullo
RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA
Subvencionarase a renovación de cubertas de vivendas unifamiliares e edificios por unha cuberta de tella cerámica.

Actuacións subvencionables: custos de materiais, desmontaxe de cubertas existentes, montaxe de novas cubertas, custos de proxectos e licencias.

Custo máximo subvencionable: 55 € por m2 de cuberta. A contía da subvención será do 30% dos custos totais subvencionables.

Prazo de solicitudes ata o 31 de xullo ou ata que se esgoten os fondos.

RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON LOUSA
Subvencionarase a renovación de cubertas con lousa.

Actuacións subvencionables: materiais, custos de desmontaxe da cuberta anterior, custos de montaxe da nova cuberta, proxecto e licencias.

Custe máximo subvencionable: 70 m2 por cuberta. A contía da subvención será do 30% dos custos subvencionables.

Prazo de solicitudes ata o 31 de xullo ou ata que se esgoten os fondos.

REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS DE VIVENDAS EXISTENTES

Subvencionaranse as actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2014.

Son subvencionables os seguintes tipos de fachadas:
- Fachadas pegadas de granito
- Fachadas transventiladas de granito
- Fachadas de perpiaño

Custos subvencionables: informes técnicos, proxectos, licenzas, desmontaxe de materiais existentes, materiais e man de obra.

Para máis información poden consultar coa AEDL do Concello, presencialmente, por teléfono ou no email aedl@concellodeoia.es





17/7/2014
400 bolsas de prácticas laborais en empresas privadas da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca 400 bolsas para titulados universitarios ou de formación profesional SEN EXPERIENCIA LABORAL PREVIA

Entre outros, os aspirantes, deben reunir os seguintes requisitos:

- Posuir a titulación específica requirida para cada posto
- Estar inscritos como demandantes ou mellora de emprego.
- Ter finalizados os estudos obxeto da bolsa con posterioridade ó 1/01/2005
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos e non ser ou haber sido beneficiario/a doutra bolsa similar de duración superior ou igual a 6 meses.
- Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ó 1/01/2014
- Acreditar o coñecemento da lingua galega (celga IV para titulados universitarios e celga III para ciclos de formación profesional)

DOTACIÓN ECONÓMICA: 800 euros para os titulados universitarios e 700 euros para ciclos superiores de formación profesional

DURACIÓN DAS BOLSAS: 6 meses prorrogables por outros 6.

TITULACIÓNS OBXETO DAS BOLSAS E EMPRESAS ADXUDICATARIAS: As estipuladas no ANEXO I da convocatoria


O PRAZO DE SOLICITUDE É ATA O 29 DE XULLO DE 2014
MÁIS INFORMACIÓN NO BOP 09/07/2014, PÁXINA WEB DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA www.depo.es

Para máis información, podendes consultar coa AEDL do Concello, presencialmente, por teléfono 986362125 ou no email aedl@concellodeoia.es





18/3/2014
Programa LEADER

convocatoria para os anos 2014 e 2015.
Oia atópase na zona do territorio elixible do programa, así como os Concellos do Baixo Miño. Pertencemos ó AGDR 18 (Vigo-Baixo Miño)

Estas subvencións, a fondo perdido, van destiñadas principalmente a empresarios i emprendedores que teñan a intención de crear unha nova empresa no rural ou a modernizar e ampliar os negocios xa existentes.
Dentro deste programa, dirixido a PEMES, Comunidades de Montes, Concellos, etc..o que se pretende é "dinamizar e conquerir un desenvolvemento endóxeno e sostible do territorio rural".

Os proxectos subvencionables deberán estar dentro dalgún destes puntos:
- Dinamización do sector agrario e forestal
- Mellora ambiental e do contorno rural
- Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida

Para máis información, podendes consultar no seguinte enlace,

Tamén podendes consultar coa AEDL, ou dirixirvos directamente á sede do AGDR MAIV-Baixo Miño en Mos (Avda. de Peinador, 39), no teléfono 986-443030, na nosa web (www.agdr18.org) ou a través do correo electrónico da asociación: info@agdr18.org.


http://www.agdr18.org/?sec=14





18/3/2014
Plan de práctica laboral da Deputación Provincial de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca o PLAN DE PRÁCTICA LABORAL para o 2014, para que as empresas privadas da provincia de Pontevedra soliciten mozos/mozas titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa.
Convócanse un total de 400 bolsas e, segundo as titulacións solicitadas polas empresas determinaranse as bolsas a convocar.
O prazo de solicitude é ata o 7 de abril. Saíu publicado no bop de hoxe, e na páxina da Deputación
http://www.depo.es/web/edepo/becas





18/3/2014
Subvencións turismo

Subvencións da Axencia de Turismo de Galicia, dirixidas a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios para implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á crtificación da marca Q de calidade turística do Instituto para a calidade turística española (ICTE)
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TU&codProc=970A&procedemento=TU970A





6/3/2014
Subvencións para a APERTURA DE NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

Están dirixidas a comerciantes retallistas que se atopen nalgún dos epígrafes do IAE que establecen (epígrafes de comercio) e que cumpran unha serie de requisitos.
As subvencións están dirixidas ó acondicionamento do local comercial, moblaxe, tecnoloxías da información, etc..
Para máis información, coa AEDL do Concello (vía email, teléfono ou presencialmente)

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=IN&codProc=217A&procedemento=IN217A





6/3/2014
Galicia Emprende; empresas novas

Galicia Emprende; proxectos de creación de empresas ou de realización de investimentos en empresas novas (menos de un ano de duración) promovidas por novos emprendedores.
Custo subvencionable superior a 35.000 euros e inferior a 200.000 euros

Prazo de solicitude da axuda; dende o 2 de xaneiro ata o 30 abril.

Aquí vos queda a ficha resumo da axuda, donde podendes ver os requisitos
http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP262





6/3/2014
Galicia inviste: proxectos de investimento empresarial

Axudas para a creación dun novo establecemento, a ampliación dun establecemento existente, a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente, que supoñan un investimento subvencionable igual ou superior a 200.000 euros
Prazo de solicitude da axuda ata o 30 de abril.
Aquí vos queda a ficha resumo da axuda, donde podendes consultar os requisitos
http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP263





6/3/2014
Subvencións dirixidas a EMIGRANTES RETORNADOS, que queiran establecerse como AUTÓNOMOS

Subvencións dirixidas a emigrantes retornados que queiran establecerse como autónomos.
Podendes consultar a convocatoria, requisitos, etc.. no seguinte enlace
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=PR&codProc=937A&procedemento=PR937A




logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C