INICIO \ CULTURA \ A BANDA DE MÚSICA
Galego - Castellano - English
logo Oia




relleno






A BANDA DE MÚSICA


imaxe da Banda de Musica de Mougas en 1968










A Banda de Música Unión de Mougás, en 1968, na Guarda co seu director Alsirio Fernández Rodríguez (foto propiedade de Alfredo González Domínguez).

A Banda Musical Unión de Mougás nace no mes de setembro de 1880 na parroquia de Mougás (OIA). En setembro de 2005 cúmpriuse pois o 125 Aniversario da súa fundación. Dende aquelas datas levan formándose musical e profesionalmente moitos mozos e mozas de Oia e de toda a bisbarra.


imaxe da Banda de Musica de Mougas en 1980










A banda de música en 1980, con Alsirio como director.


D. Alsirio Fernández Rodríguez nace o 26 de marzo de 1924, sendo o máis novo de cinco irmáns, no seo dunha familia labrega-mariñeira. Comeza dende moi pequeno a estudiar música, impulsado polo seu irmán Heliodoro, e ós 15 anos xa é compoñente da Banda de Música Unión de Mougás.

Alsirio comezou a dirixi-la Banda en 1950, a súa Banda, porque está totalmente entregado a ela e ós alumnos ós que da clases de música e solfeo.

Alsirio deixou obras moi importantes creadas por el mesmo: Espérame; Na rúa do Porto; Te fuiste; Javier; Carlitos; Islas Ces; Como quiere mi novia; Mambo Lola; Santa Eugenia; A mi me gusta el mambo... e o Himno a Mougás estreado co motivo da homenaxe que a Banda lle rendeu a Alsirio en 1989, cando xa estaba gravemente enfermo.

O carismático director da Banda durante corenta anos finou o 3 de xuño de 1990, festividade en OIA da Virxe do Mar, Patrona do Concello.


imaxe da homenaxe a Alsirio










Inauguración do monumento adicado a Alsirio.


En novembro de 1994 na praza do Eirado de Mougás foi descuberto un pequeno monumento na lembranza de Alsirio Fernández Rodríguez, encargado pola Comisión Veciñal de Mougás e feito polo escultor José Antúnez Pousa. A placa di: Mi ilusión, una próxima composición. La banda de música y su pueblo agradecidos. 1990.

Na actualidade, Gabriel Rodríguez Rodríguez é o director da Banda de Música Unión de Mougás. Dirixe esta formación musical dende o 23 de novembro de 1990. Gabriel foi dende a nenez membro da Banda, cando era director Alsirio Fernández Rodríguez.


logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C