Durante a Edade Media existían gran cantidade de camiños que percorrían o territorio en dirección a Santiago de Compostela, tendo especial importancia os camiños procedentes de Portugal.

Dentro destes camiños de peregrinación, os expertos inclúen o denominado Camiño Portugués da Cotsa, que transcorre dende A Guarda hasta Redondela, onde se une co Camiño Portugués tradicional para chegar a Santiago.

Esta ruta era seguida polos peregrinos procedentes das terras máis occidentais, aqueles que dende paises de ultramar arribaban aos portos portugueses para chegar hasta Compostela seguindo este vello camiño costeiro. A súa importancia a corroboran os topónimos, elementos de devoción xacobea e antiguos hospitais e hospederías que atendían a peregrinos como os de Viana do Castelo e Caminha. Dende aqui cruzaban o río Miño en barca hasta a beira galega de A Pasaxe, no actual concello de A Guarda, para continuar atravesando os concellos de O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, hasta que chegaban a Redondela, onde continuaban pola mesma ruta que facían os peregrinos procedentes do camiño portugués que transcurre polo interior.

O Camiño Portugués da Costa se estrea oficialmente no Ano Santo 2010.