Conta unha vella lenda de Oia, que na la ladeira de Cano dos Mouros, existe unha roca coñecida como a pedra do Rei Sol, dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ao astro rei durante o serán.

Cualqueira que contemple unha posta de sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do sol poñéndose sobre unha liña do horizonte que a veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar.

Oia, nos seus 84 Km2 de superficie e cunha amabilidade dos 3000 habitantes, permite disfrutar dun espacio con gran número de lugares de interese. A grandiosidade do monasterio e o seu emplazamento, os restos das súas antigas fortalezas, a misteriosa mensaxe da prehistoria que podemos percibir a través dos petroglifos, ou as construccións tradicionais da arquitectura rural galega... todo iso nun marco natural, no que a simbiosise entre a montaña, e o mar e o ceo nos farán caer nun embruxo.

Tanto usando a estrada C-550 que atravesa o concello pola costa, como usando as pistas que comunican cos núcleos do interior, se pode disfrutar dunha natureza única no suroeste de Galicia, complementada cunha variada gastronomía, omnipresente nos restaurantes e bares da zona.