INICIO \ FESTAS DO CONCELLO (ANO 2013)
Galego - Castellano - English
logo Oia




relleno






FESTAS DO CONCELLO (ANO 2013)


imaxe dun Curro
A Rapa das Bestas, un rito ancestral que perdura a través dos tempos.

En 1567 unha grande peste devastou a provincia de Pontevedra. Buscando protección contra a cruel enfermidade, dúas irmáns ofrecen dous cabalos da súa propiedade a San Lourenzo a cambio de auxilio. Unha vez pasado o perigo, as dúas mulleres cumpren a súa promesa e entregan os animais ao párroco da aldea. Esta parella de cabalos foise multiplicando polos montes pontevedreses ate que foi usual a presenza de cabalos en liberdade. Nacera a raza Cabalo Galego e a súa crianza trouxo a estas terras grandes beneficios económicos e tradicións aínda hoxe vivas.

O Cabalo Galego vive en semiliberdade nos montes galegos. Unha vez ao ano as reses deben ser trasladadas aos curros (grandes corrais circulares) para, antes de proceder á súa venda, hixienizalos (cortándolles as crins) e marcar aos poldros co ferro da súa gandería. Tras este proceso, coñecido como rapa das bestas, parte do gando era vendido para a produción de carne ou as tarefas agrícolas e o resto voltaba aos montes.

BURGUEIRA:

FEBREIRO: 3 Febreiro San Blas en Burgueira
XUÑO: 2 Xuño Curro de Torroña
San Pedro en Burgueira
XULLO: Festa da Madalena
AGOSTO: Curro das Moscas en Torroña
Festa Gastronómica do potro de Torroña
OUTUBRO: Nosa Señora do Rosario en Torroña

LOUREZA:

ABRIL: 27 Abril: Doce nome de Xesús en Mavia
MAIO: Santa Calumbra en Santa Comba
3,4,5 de Maio Festa Gastronómica do cordeiro, en Santa Comba
11 Maio Virxen de Fátima en Mavia
12 Maio Curro da Valga
Maio Santísimo en Acevedo
XUÑO: San Juan en Loureza
XULLO: Santo Angel de la Guarda en Loureza
Curro das Moscas na Valga
AGOSTO: 7 Agosto San Mamed en Loureza
Nosa Señora do Rosario en Refoxos

MOUGÁS:

MARZO: Festa Gastronómica do Ourizo
MAIO: 25 Maio Festa do Señor
XUÑO: 9 Xuño Curro de Mougás
23 de Xuño Santa Eugenia
XULLO: 26 e 27 de Xullo Virxe do Carmen
AGOSTO: Curro das Moscas

OIA:

XANEIRO: San Sebastian. Festa Gastronómica da Chourizada
MAIO 20 Maio Virxe do Mar
XULLO: Virxe do Carmen
SETEMBRO: San Cosme e San Damian

PEDORNES:

MAIO: 17 de Maio Festa do Corpus
XULLO: Festa Gastronómica do Caramuxo
AGOSTO: San Mamede

VILADESUSO:

MAIO: 26 Maio Festa do Corpus
XUÑO: 21 e 22 Xuño Festa do Carmen
AGOSTO: Agosto Festa Gastronómica do Percebe
SETEMBRO: 28 e 29 Setembro San Miguel

Coa chegada do mes de xuño comezan as celebracións dos agardados curros, unha labor agropecuaria convertida hoxe nunha festa que cada ano atrae a un maior número de persoas a Galicia, chegados de calquera recuncho do globo. A ruta dos curros comeza o primeiro domingo de xuño na parroquia de Torroña, que a pesares de ter pouco máis de cen habitantes posúe un enorme atractivo para o visitante. A súa característica máis sobresaínte é o lugar onde se celebra a rapa, presidido a serra da Groba, a 600 metros de altitude sobre o nivel do mar.

A segunda fin de semana de xuño celébrase o curro de Mougás. Os cabalos de Mougás proceden das ladeiras da serra da Groba e dise que xa no século XIII os monxes de Oia practicaban a cría de cabalos en liberdade, cabalos robustos e fortes que constituirían unha das razas equinas máis antigas da península.

As persoas que coa súa forza física intentan doblegar aos cabalos son os agarradores ou aloitadores. O forcexeo desmesurado que se produce forma parte da atracción. Os chamados garañóns, os machos guías da manada, enfróntanse entre si para deixar claro quen ten o mando no grupo.

A rapa das bestas é hoxe unha festa única, definitoria do xeito de vida e da tradición nos montes de Galicia. Unha festa para coñecer de verdade as raíces dun anaco de terra distinto e ate hai pouco distante.


logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C