INICIO \ CULTURA \ O INTERIOR DO CONCELLO
Galego - Castellano - English
logo Oia




relleno






O INTERIOR DO CONCELLO


imaxe da Igrexa de Burgueira
imaxe de A Portela

IGREXA DE BURGUEIRA

Na súa orixe foi románica, pero reconstruida en 1808 xa non ofrece ningún elemento desa época. Nas súas inmediacións ofrece interese a casa rectoral, de arquitectura sólida e recia, que amosa o seu aspecto de casa-fortaleza. Pola parroquia e relacionados coa tradición popular existen unha serie de cruceiros de indudable atractivo. Queda en ruinas nunha propiedade privada a capela de Santo Domingo, que no seu día formou parte da granxa do mosteiro de Oia.


CASTRO DE CHAVELLA

Situado en dirección Mabia y Santa Comba, chegamos ó enclave do castelo de Chavella, onde hai unha extraordinaria panorámica da costa de Oia e con amplia visibilidade hacia a zona alta da montaña, sendo visible dende aquí o emprazamiento do antigo castelo de Torroa. Se poden apreciar restos da muralla exterior, un recinto rectangular na acrópolis, terrazas, paramentos... Ó este podémos atopar un petroglifo con espiral e cuadrangular axedrezado.

A PORTELA

Na zona alta de Oia atopámonos con este núcleo de casas, onde hai unha gran roca disminuida por cantería que na parte superior presenta unha monumental pia, posiblemente ritual da época romana, un taboleiro de xogo de alquerque do século IX e varios grabados rupestres. Ó carón desta roca ubicabase unha capela adicada a San Sebastián.

A Portela foi un cruce de camiños de vital importancia na antiguedade, lugar de paso das vías de comunicacin entre o val do Rosal e o mosteiro de Oia e dos desvíos deste lugar hacia Mabia e Santa Comba polo sur e Torroña e Baiona hacia o norte. Ainda quedan rincóns como o conxunto de fonte, lavadero e presa, horreos, vellas casas, restos dun vello camiño enlousado hacia o este e unha paisaxe nas que se aprecia o labor realizado para o cultivo agrícola en bancales ou terrazas.


imaxe dos Muiños do Río Espiñeiro
HERMIDA DE SANTA COMBA

No núcleo de Mabia atopamos restos dun camiñno enlousado e a hermida adicada ó Dulce nombre de Jesús do século XVIII. Moi preto está Santa Comba cunha hermida do século XVI adicada a esta Santa. A súa celebración vai unida a unha das celebracións gastronómicas máis apreciadas adicada ó cordeiro do monte.


MUIÑOS DO RIO ESPIÑEIRO

Ó sur do castro da Chavella está a zona de Valga e ó lado o río coñecido como da Cal ou Espiñiro. Nas súas beiras atopamos dous conxuntos de muiños de auga. Así mesmo neste entorno tamén podemos atopar petroglifos tanto da época prehistórica como de épocas históricas e algúns túmulos funerarios megalíticos.
IGREXA DE LOUREZA

Ó carón do río Carballas, seguindo en dirección O Rosal, atopámonos co derradeiro núcleo de Oia no lugar de Acevedo, que ofrece rincóns de interese natural e etnográfico, se cruzamo-lo río está a igrexa parroquial de Loureza construida no século XVIII. Nesta zona estivo ubicado un antigo mosteiro, enclave do que se nutriu nos seus inicios o de Santa María de Oia e que aparece citado en 1137.


imaxe do Calvario de Loureza
imaxe das pozas de Loureza


CALVARIO DE LOUREZA

Ó carón da igrexa parroquial de Loureza hai un conxunto de cruces pertencentes a un antigo calvario de grande interese. Nas súas inmediacións hai unha pequena hermida dedicada ó Santo Anxo.
POZAS DE LOUREZA

Ascendendo hacia Burgueira atopamos un dos rincóns do río de maior beleza polas súas cascadas e pozas, utilizadas en verán para o baño e esparcimento.


imaxe do Laberinto da Pedra Escrita
LABIRINTO DA LAXE CRUZADA

Entre Burgeira e Torroña existen superficies con petroglifos, destacando a coñecida como Pedra Escrita ou Laxe Cruzada, pola representación dun labirinto que é o de maiores dimensións coñecido ata a data nos petroglifos galegos.


RUINAS DE OS CASTELOS

Segundo historiadores e estudiosos a bisbarra de Torroña era o antigo territorio de Turonium, onde podemos situar as ruinas do castelo ubicado no lugar coñecido como Os Castelos.
PETROGLIFOS DO CAMPO DA MACEIRA E DAS VEIGAS

En Mougás atopámonos con este petroglifo onde se representan figuras humanas esquemáticas.


OS OUTEIROS DA CHEIRA

Dende aquí temos unha extraordinaria panorámica sobre o val de Mougás e o Océano Atlántico.
SOBREIRAS DO FARO

Primeiro espazo privado de interese natural de Galicia.


logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C