INICIO \ TEMPO DE LECER
Galego - Castellano - English
logo Oia


relleno






TEMPO DE LECER


Xunto coa cultura e a gastronomía, o ocio é un dos maiores atractivos do concello de Oia. Non só disfrutamos dunhas paisaxes irrepetibles, senon tamén dunha grande variedade de actividades de entretenimento e exercicio físico.

Nas costas de Oia podemos practicar deportes náuticos como poden ser o surf, o bodyboard, o windsurf ou o piragüismo, todos eles nun entorno que reúne tódaslas condicións para disfrutar deste tipo de deportes.

Xa na montaña hai actividades tan interesantes coma o sendeirismo polos camiños das montañas de Oia, montar a cabalo no picadeiro situado no Alto da Cheira en Mougás, a escalada nas paredes de A Fervenza en Mougás e a de A Guieira en Sta. María de Oia.

Ademáis, nos ríos que pasan por todo o concello tamén se poden practicar actividades como o rafting ou o piragüismo, o río máis destacado para estes fins sería o Tamuxe entre Burgueira e Loureza. Pero de entre tódaslas posibles actividades que podemos levar a cabo, a máis destacada é a do parapente dende o alto de Corrubelo en Pedornes.



logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C