INICIO \ AVISO LEGAL
Galego - Castellano - English
logo Oia




relleno






AVISO LEGAL


O Concello de Oia facilita información de interese xeral para a veciñanza de Oia, de xeito especial información sobre as actividades oficiais do Concello e a organización do concello e o fai a traverso dos seus dominios de Internet:

    concellodeoia.es
    concellodeoia.org

Os contidos destes sitios Web poderán ser modificados e actualizados polo Concello de Oia sen necesidade de previo aviso, tanto no referente ás informacións como á estructura e deseño gráfico.

O Concello inclúe no seu sitio Web enlaces a contidos externos que considere de interese para o cidadán, observando sempre a normativa que regula os dereitos de propiedade intelectual e as normas básicas de comportamento ético na Internet. A este respecto, o Concello non se responsabiliza das modificacións que podan producirse nos destinos dos enlaces externos incluidos neste sitio, nin do uso que se faga deses contidos por parte dos usuarios da Web.

O Concello de Oia é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e códigos que se recollen nos dominios de Internet mencionados arriba, agás que se faga referencia expresa en senso contrario. As marcas ou signos distintivos de calqueira clase que se recollen nestes sitios Web están igualmente protexidos pola lexislacin vixente. A reproducción, distribución, comercialización ou modificación non autorizada de todos eles constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.

A utilización non autorizada expresamente da información contida nos dominios, así como os prexuízos que puideran ocasionarse nos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Oia poderá orixinar o exercicio por este das accións que legalmente procedan.

O usuario recoñece e acepta que o uso dos contidos e servizos ofrecidos polo Concello de Oia no seu sitio Web realízase baixo o seu único e exclusivo risco e responsabilidade.

O usuario comprométese a facer un uso dos servizos e contidos da Web axeitados á Lei, e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou contrarias ás normas básicas de comportamento ético en Internet, que atenten contra os dereitos de terceiros ou que infrinxan os dereitos da propiedade intelectual e industrial, ou calqueira outra norma aplicable.

O Concello de Oia non será responsable dos fallos que se puideran producir nas comunicacións, incluído o borrado, transmisión incompleta ou atrasos na remisión, non comprometéndose tampouco a que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. O Concello de Oia resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao sitio web ou aos servizos, en calqueira momento, e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións.

Nos casos non previstos nestas condicións xerais, así como na interpretación e resolución dos conflitos que puideran xurdir como consecuencia dos mesmos será de aplicación a lexislación española.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen a traverso de concellodeoia.es e concellodeoia.org realízase de acordo có disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demáis normativa aplicable. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Oia, Vista Alegre, s/n - 36794 OIA

    Concello de Oia
    CIF P3603600B
    Vista Alegre, s/n
    36794 OIA
    Telf. 986 362 125
    info@concellodeoia.es

logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C