Rocha 1.- Líñas e cazoletas

Unha serie de coviñas aparecen unidas mediante surcos. Un destes surcos nace dunha coviña da parte superior finalizando nunha pía natural, que presenta surco de saída como desagüe. Esto podería facer pensar no seu uso como soporte-altar, en actos rituais con intervención de líquidos. Algunhas coviñas aprécianse a rentes do chan ao seu carón.

Visibles a calquiera hora.


Rocha 2.- Líñas

Nesta rocha o protagonismo é para os surcos que percorren a superficie nunha maraña de liñas asociadas entre sí orixinando unha complexa composición.

Estas composicións, dominadas por liñas dispostas dun xeito que a nós se nos escapa o que quixo representar o gravador, son características desta zona, e así en estacións próximas como Alto do Morouzo e Pousadela en Pedornes temos representacións semellantes.

Visibles a calquera hora.


Rocha 3.- Figura cuadrangular


Ao Oeste da rocha 2, nunha superficie lixeiramente inclinada cara ao Sur, identifícanse con dificultade algunhas figuras circulares xunto a cruces e liñas de difícil definición.

A figura máis fácilmente recoñecible, é un cuadrangular co interior cheo de liñas paralelas a un dos lados, que está na cara vertical Oeste da rocha.

Visibles só con luz rasante.


Rocha 4.-

Ao Sur da superficie nº 2, nunha rocha lixeiramente sobresainte no terreo un pequeno círculo con tres pequenas coviñas no seu interior.

Difícil de apreciar, soamente con luz rasante.


Rocha 5.- Figuras circulares

Ao carón da rocha nº4, temos unha superficie moi alterada na que se aprecian algúns círculos concéntricos, coviñas e liñas de difícil lectura.

Só con luz rasante.


Rocha 6.- Muiños


Ao Norte das rochas 1 e 2 temos unha rocha que presenta unha pileta rectangular de sección lonxitudinal navicular, con rebaixes nos seus extremos, e outra mais débil ao seu carón. É o resultado de efectuar repetidamente no mesmo lugar un traballo de trituración de material que quizais tivo que ver con traballos de explotación mineira. Ao seu carón, as rentes do chan varias coviñas.

Visibles a calquera hora.