OS PETROGLIFOS DA PEDREIRA

Santa Mª de Oia. Oia. Pontevedra

O espacio arqueolóxico da Pedreira recuperado pola iniciativa da Comunidade de Montes da parroquia, poderiamos definilo como un "outeiro-santuario" moi visitado fai 4000 anos. Malia os estragos causados pola erosión, os traballos de canteiría, e os incendios, podense recoñecer unha ducia de superficies con gravados rupestres de temática xeométrica.

Debido ao seu estado de conservación non todos os gravados son fácilmente visibles. Dos gravados prehistóricos os mais fácilmente identificables son os da zona occidental do outeiro, onde están situadas as superficies que polo seu repertorio de liñas e coviñas, singularizan esta estación arqueolóxica.

Un bo número de cruces feitas en épocas plenamente históricas aparecen en diversas superficies desta elevación, que permite a contemplación da extraordinaria paisaxe do litoral de Oia.